Xan da Coba
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1813 Ourense, España |
Morte | 9 de novembro de 1899 (86 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, poeta, inventor, editor literario |
Xénero artístico | Poesía, teatro |
Juan María de la Coba Gómez,[1] nado en Ourense o 30 de marzo de 1829 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1899, foi un escritor e inventor galego, considerado un dos animadores máis excéntricos da vida cultural da súa cidade.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Perito agrimensor de profesión, foi ebanista, inventor e poeta. Recordado polo seu invento do Pirandárgallo, un paraugas universal, que segundo argumentaba, “bastaba poñelo aberto no curuto do Polo Norte para que as pingueiras da chuvia nin sequera chiscasen a panza do Ecuador da Esfera Terráquea”. Inventou tamén unha lingua, o trampitán, idioma empregado por Gonzalo Torrente Ballester na novela La saga/fuga de J. B.[3]. Escribiu dúas pezas teatrais en galego, mais segundo a crítica o contido das súas obras era de calidade pésima e carentes de acción e de interese.[4]
Cerámica de Sargadelos fixo unha botella coa súa figura.[5][6]
Obras
[editar | editar a fonte]- La Galiciana, 1861.
- María Pita, 1863.
- Avisos al labrador principales nociones de agricultura, 1867.
- Grandes consejos: obra literaria de instrucción moral y recreativa, 1876.
- Desengaños : obra moral y en verso contra el crimen, 1880.
- Guerra en Melilla, 1888
- Una permuta fatal, 1889
- Juanita y Juan, 1890
- Cervantes, 1894
- Batalla de Lepanto, 1894
- La trampitana, 1895
- El conde y marqués, 1896
- Cuba es de España, Razones de la ley, 1896
- La fidelidad, 1897
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 El Gracioso de Juan de la Coba Gómez Arquivado 16 de xullo de 2016 en Wayback Machine. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
- ↑ "Coba Gómez, Xan da". Diccionario enciclopédico galego universal 16. La Voz de Galicia. 2003-2004. pp. 88–89. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ Torrente Ballester, G. (2011 [1972]). Carmen Becerra e Antonio J. Gil González, ed. La saga/fuga de J. B. Castalia. p. 155. ISBN 978-84-9740-298-9.
- ↑ AAVV. "Coba Gómez, Xan da" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- ↑ Casares, Carlos (2000). Biografía de Don Juan de la Coba. «Os minilibros de Galaxia». ISBN 84-8288-354-2.
- ↑ "Imaxe da botella de Sargadelos de Juan de la Coba y Gomez". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alonso Montero, Xesús e Casares, Carlos (1992). Vida, obra e milagres de Xan da Coba. Biblioteca de autores galegos. Diario 16 de Galicia.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "COBA GÓMEZ, Juan". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 283.
- Fariña Busto, F. e Sierra Rodríguez, M.ª José: "Notas encol da biografía de Don Juan de la Coba Gómez". Boletín Avriense, t. 45, 2015 Arquivado 02 de febreiro de 2017 en Wayback Machine., p. 225-242.
- Filgueira Valverde, José (1992). "Un poeta coa súa fala: don Juan de la Coba Gómez e a súa lingua poética". VII Adral. Ediciós do Castro.
- Sanmartín Rei, Goretti (2002). O teatro de Xan da Cova. La Galiciana e María Pita. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor. ISBN 978-84-9749-008-5.
- Valcárcel, Marcos et al. (1999). Juan de la Coba y Gómez, 1829-1899: antoloxía de textos sobre o inventor do trampitán Concello de Ourense.
- Vilavedra, D., ed. (1995). "Coba Gómez, Xan da". Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. p. 139-140. ISBN 84-8288-019-5.
- "Coba Gómez, Xan da". Enciclopedia Galega Universal 5. Ir Indo. 1999-2002. p. 447. ISBN 84-7680-288-9.
- "Coba Gómez, Xan da". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 259.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nota biográfica 7/2/2008.